Yllana e Primital Bros únense para abraiarnos cunha divertidísima comedia musical a capela.
Catro aborixes dun planeta que podería ser o noso, reclaman o escenario, dispostos a conquistar o público a gargalladas ou machadazos, pero sempre con música de mil xéneros que, como esponxas, van absorbendo nas súas viaxes polos confíns do espazo tempo.
The Primitals é a estraña e surrealista historia dunha tribo lixeiramente disfuncional, con loitas intestinas, soños de grandeza, desequilibrios mentais e farmacopea milenaria. Xamanismo a catro voces. Traxicomedia a capela.
Vangardismo ancestral. Todo isto e moito máis en THE PRIMITALS.
Entradas para The Primitals no Auditorio Municipal de Vigo o 5 e 6 de Outubro
As entradas de mobilidade reducida, venderanse unicamente por teléfono ou en taquilla.
Desconto especial para os membros de ESAD, consulta o desconto por teléfono ou en taquilla.
Idioma: Castelán
Duración: 90´
As entradas teñen un prezo de 10 €
Non quedes sen elas!!
ENTRADAS GRATIS
Entradas gratis para tus conciertos favoritos.
Únete gratis sólo con tu email al Club Kmon.