ENTRADAS GRATIS | Consigue aquí invitaciones para tus conciertos favoritos. Sólo con tu email                  Recibe en tu email las mejores propuestas de los mejores escenarios

ARTES ESCÉNICAS

CINCO HORAS CON MARIO (VENRES) (TEATRO ROSALÍA CASTRO)
Cinco horas con Mario (venres) (Teatro Rosalía Castro)
Ciclo Principal: Cinco horas con Mario de Miguel Delibes (adaptación: Miguel Delibes, Josefina Molina e José Sámano) Teatro Rosalía Castro 31 de maio de 2019 20.30 h Duración: 90 minutos  Entradas: 21,50 / 15,00 / 13,00 / 9,50 (carné xove, + 65 anos, persoas desempregadas: -20%; familias numerosas: -25% (só no despacho de billetes)) Estamos en marzo de 1966. Carmen Sotillo acaba de perder o seu marido Mario de forma inesperada. Unha vez que as visitas e a familia se retiran, ela soa vela durante a última noite o cadáver do seu marido e inicia con el un monólogo-diálogo no que descubrimos as súas personalidades e os conflitos do seu matrimonio. Cunha forma entrecortada, detallista ao mínimo, reiterativa e chea de tópicos, Carmen Sotillo di cousas, manifesta sentimentos e emite xuízos que a moitas persoas hoxe pódenlles parecer incribles. Pero damos fe de que esa linguaxe existía, de que eses xuízos emitíanse, de que esas "cousas" de Carmen estaban na vida de todos os días. Cinco horas con Mario, é, entre outras moitas cousas, un documento vivo deses anos. Das preocupacións económicas, relixiosas, políticas, sexuais e morais entón imperantes que Delibes, a través da linguaxe do seu protagonista, deixou retratadas con nitidez, de forma que a vida española de entón chega a palpitar viva nas súas palabras. Pero,sobre todo, Cinco horas con Mario fálanos dos asuntos eternos do ser humano: da culpa, da soidade, da incomunicación, do sentido da vida. Con Lola Herrera Dirección: Josefina Molina Compañía: Sabre Producciones e Pentación Espectáculos   Espectáculo en castelán  

Probablemente te interese mucho...
JOSÉ SACRISTÁN
David Mamet escribió esta obra expresamente para Al Paccino. Tras estrenarse en Nueva York llega a España con José Sacristán... (leer más)
Fechas del espectáculo
Mayo

Viernes
Teatro Rosalía de Castro
18:30 H
A Coruña
mostrar mapa
Calendario de eventos Kmon
Gastronomía
Viajes
Mediante este tour, los visitantes tienen el privilegio de pasear alrededor de las antiguas haciendas de los zares en Moscú. Gracias a las explicaciones de un guía de habla hispana, dur... (leer más)
© Gestor de contenidos Gestor de contenidos HagaClic





Kmon

Licencia de Creative Commons
Esta obra está bajo una licencia de Reconocimiento-NoComercial-SinObraDerivada 4.0 Internacional de Creative Commons