

SAAABOR! En Vigo
DOMINGO 17 DE FEBREIRO 18:00 HORAS
Saaabor! é un espectáculo cómico que mestura música, maxia, humor, ritmo e participación do público, co mundo da gastronomía de fondo. Os nosos protagonistas convértense en dous recoñecidos chefs que nos ofrecen pratos para todos os gustos: desde a comida máis práctica e sinxela, ata a máis elaborada, sen esquecer o viño e a sobremesa, elaborando un saboroso menú para toda a familia.
Compañía: Culturactiva
Xénero: teatro comedia
Autoría: Culturactiva
Dirección: Avelino González
Escenografía: Kukas
Deseño de son e iluminación: Paula Castro
Vestiario: Chus Aldrey
Música: Félix Rodríguez
Elenco artístico: Félix Rodríguez e Fran Rei
Idioma: Galego
Tipoloxía: Familiar
Recomendado: + 3 anos
Duración: 55'
Na parte central do plano de butacas existen 4 espazos para cadeiras de rodas, un á dereita, un á esquerda e dous centrais. Tamén existen 4 butacas para os acompañantes das persoas que van en cadeira de rodas ao seu carón na mesma parte central do plano.
Entradas para SAAABOR! en Vigo no Auditorio Municipal de Vigo o 17 de Febreiro
As entradas teñen un prezo de 5
Non quedes sen elas!!
Probablemente te interese mucho...