

Running en Vigo
VENRES 5 DE ABRIL, 21 HORAS
Compañía: De Ste Xeito Producións
Xénero: Teatro comedia
Autoría e dirección: Esther F.Carrodeguas
Escenografía, deseño de son e vestiario:
De Ste Xeito Producións e Esther F.Carrodeguas
Deseño de iluminación: Javier Quintana
Elenco artístico: Stephy Llaryora e Sergio Macías
Xulia e Román acaban de coñecerse e o primeiro watsapp non tarda en chegar: Quedamos? Veña si! Pero cando? Fillas e fillos de parellas anteriores. Nais divorciadas. Avós na residencia. Adolescentes co pavo. O pequeno coa crise dos 8. Os grandes coa dos 40, coa dos 50, coa dos 60. Clases de ioga para liberar o estrés, patinaxe artístico os luns, danza jazz os martes. E ser taxista. Das fillas, dos fillos, das fillas dos demais, do pai, da nai, da avoa, dos primos. E os deberes.
Os deberes da escola e o resto de deberes. Deberes e obrigas. Coidar de todo e de todos menos dun mesmo. Como facer que as axendas cadren? E por outra banda: de verdade quero comezar algo novo que poida supoñer máis deberes e menos pensar nun mesmo?
Romeo e Xulieta tiñan as familias na contra dun amor prohibido. Xulia e Román aínda non saben se tanto se queren, pois as súas familias, as súas vidas, e os seus propios medos impiden brindar con esa primeira cervexa que podería facer nacer ou morrer o amor eterno.
En escena, unha actriz e un actor que terán que suar a camiseta para meterse na pel de todas as personaxes desta vertixinosa comedia.
Na parte central do plano de butacas existen 4 espazos para cadeiras de rodas, un á dereita, un á esquerda e dous centrais. Tamén existen 4 butacas para os acompañantes das persoas que van en cadeira de rodas ao seu carón na mesma parte central do plano.
Entradas para Running no Auditorio Municipal de Vigo o 1 e 2 de Febreiro
As entradas teñen un prezo de 8
Non quedes sen elas!!
Probablemente te interese mucho...