ENTRADAS GRATIS | Consigue aquí invitaciones para tus conciertos favoritos. Sólo con tu email                  Recibe en tu email las mejores propuestas de los mejores escenarios

ARTES ESCÉNICAS

NO HAY PAPEL | AUDITORIO MUNICIPAL | VIGOCULTURA
No Hay Papel | Auditorio Municipal | Vigocultura
NO HAY PAPEL en Vigo SÁBADO 2 DE NOVEMBRO 21:00 HORAS No hay papel é unha fiestra. Unha casa nova. Tempo sen verse. Dúas irmás, que comparten un don e unha paixón: as palabras. Foron, xa non son. Julia é ou era unha escritora de éxito. Clara é ou era unha xornalista especializada en conflitos bélicos. Procuran traballo, procuran o seu sitio, o seu espazo, o seu papel. Reencóntranse, confróntanse, lémbranse, adóranse, necesítanse, admíranse, critícanse, abrázanse, rómpense, rin, recoñécense. Hai unha decisión tomada e outra por tomar. As dúas, como España, están feitas e construídas a pedazos. Son e senten de xeito diferente ao resto. Son e se recoñecen iguais a todo. Pero ademais, No hay papel son anacos da historia real de Ángeles Martín e de Beatriz Bergamín, que entrelazan a palabra de Julia e Clara, as súas personaxes na ficción, con textos directos e en primeira persoa sobre si mesmas, expoñéndose perante o público nun exercicio de pornografía emocional sen rede.   * Ao rematar o espectáculo haberá un coloquio coas actrices e o editor do libro (editorial viguesa).     Compañía: Desafora2 Espectáculo: NO HAY PAPEL Xénero: teatro contemporáneo Autoría: Beatriz Bergamin Dirección: Víctor Velasco Escenografía: Cecilia Bergamín Deseño de son: Jon Anibal Deseño de iluminación: Jose Manuel Guerra Vestiario: Ängeles e Beatriz Música: Nacho Mastretta Manuel Penella (Concha Piquer) Elenco artístico: Ángeles Martín e Beatriz Bergamín Idioma: castelán Idade recomendada: + 16 anos Duración: 70 minutos Prezo: 8     Na parte central do plano de butacas existen 4 espazos para cadeiras de rodas, un á dereita, un á esquerda e dous centrais. Tamén existen 4 butacas para os acompañantes das persoas que van en cadeira de rodas ao seu carón na mesma parte central do plano. Entradas para No Hay Papel en Vigo no Auditorio Municipal de Vigo o 2 de novembro As entradas teñen un prezo de 8  Non quedes sen elas!!  

Probablemente te interese mucho...
Fechas del espectáculo
Noviembre
Sábado
Auditorio Municipal do Concello de Vigo
20:00 H
Vigo
mostrar mapa
Calendario de eventos Kmon
Gastronomía
Conferencia de Daniel Habif en MadridEl conferencista Daniel Habif pasará por Madrid en el Teatro Nuevo Apolo el próximo 4 de julio de 2019 a las 20:00 horas.No te pierdas la conferenci... (leer más)
Viajes
© Gestor de contenidos Gestor de contenidos HagaClic





Kmon

Licencia de Creative Commons
Esta obra está bajo una licencia de Reconocimiento-NoComercial-SinObraDerivada 4.0 Internacional de Creative Commons