ENTRADAS GRATIS | Consigue aquí invitaciones para tus conciertos favoritos. Sólo con tu email                  Recibe en tu email las mejores propuestas de los mejores escenarios

ARTES ESCÉNICAS

LA DESNUDEZ | AUDITORIO MUNICIPAL | VIGOCULTURA
La Desnudez | Auditorio Municipal | Vigocultura
La Desnudez en Vigo VENRES 26 DE ABRIL, 21 HORAS Compañía: Daniel Abreu Xénero: danza contemporánea Autoría, dirección, vestiario e coreografía: Daniel Abreu Escenografía: Cía. Daniel Abreu Deseño de son: David Benito Deseño de iluminación: Irene Cantero Música: Collage Elenco artístico: Dácil González e Daniel Abreu La Desnudez é unha proposta poética sobre o saber quererse. Dúas figuras en escena, apuntando unha idea de polaridade e de viaxe desde a morte ao amor. Onde acompaña a música, o músico, o son grave do vento no metal. A nudez responde a ese lugar de intimidade, onde xa non existen as preguntas. A beleza do espido, do que hai e do que acontece. Ás veces o sublime dunha man que toca e intercambia calor e suor, e ás veces quere mal. Outras o exercicio de exercer o amor e sostelo. Constrúese e destrúese, como o acto da respiración. É unha danza do que entra en cada universo e que trata de engulir para vomitar algo novo. Dúas persoas que provocan o impulso de estreitar os lazos pero querendo mantelos frouxos para poder espilos axiña. La Desnudez é un acto de morte, como a exhalación, sacalo todo para que empece algo novo e ao mesmo tempo é construír coa ilusión de que isto era o definitivo. Podería lerse a obra de atrás cara a diante, onde aparece a viaxe e o sentido dunha unión sentimental. Unha obra que vai do negro ao brando, dun espazo cuberto a un espazo aberto. Na parte central do plano de butacas existen 4 espazos para cadeiras de rodas, un á dereita, un á esquerda e dous centrais. Tamén existen 4 butacas para os acompañantes das persoas que van en cadeira de rodas ao seu carón na mesma parte central do plano. Entradas para La Desnudez no Auditorio Municipal de Vigo 26 de Abril  As entradas teñen un prezo de 8  Non quedes sen elas!!        

Probablemente te interese mucho...
Fechas del espectáculo
Abril
Viernes
Auditorio Municipal do Concello de Vigo
19:00 H
Vigo
mostrar mapa
Calendario de eventos Kmon
Gastronomía
Viajes
El tour de la Segunda Guerra Mundial, o Gran Guerra Patria como es conocida por los rusos, se presenta como una actividad imprescindible para conocer la historia de este país. La gran p... (leer más)
© Gestor de contenidos Gestor de contenidos HagaClic





Kmon

Licencia de Creative Commons
Esta obra está bajo una licencia de Reconocimiento-NoComercial-SinObraDerivada 4.0 Internacional de Creative Commons