ENTRADAS GRATIS | Consigue aquí invitaciones para tus conciertos favoritos. Sólo con tu email                  Recibe en tu email las mejores propuestas de los mejores escenarios

ARTES ESCÉNICAS

CURVA ESPAÑA (VIERNES) (TEATRO ROSALÍA CASTRO)
Curva España (viernes) (Teatro Rosalía Castro)
Entradas para CURVA ESPAÑA de Xron, Manuel Cortés, Miguel de Lira e Patricia de Lorenzo en A Coruña Data: 18 de outubro de 2019 Horario: 20.30 h (Pídese puntualidade. Unha vez comenzado o espectáculo non se permite o acceso á sala) Lugar: Teatro Rosalía Castro (A Coruña) Entradas: 6,50 / 8,00 / 10,00 / 14,00 (carné xove, +65 anos, persoas desempregadas: -20 %) (Familia numerosa: - 25 % (só no despacho de billetes)) (Todas as persoas que accedan ao recinto no que terá lugar o espectáculo deben facelo con entrada) (Se vostede merca entradas con desconto nos despachos de billetes debe amosar o documento que acredite o desconto no momento de mercar a entrada e do acceso ao teatro) (Se vostede merca entradas con desconto a través do teléfono ou da web, debe amosar o documento que acredite o desconto no momento de acceder ao espazo no que terá lugar o espectáculo) Curva España trata sobre un crime aparentemente sen resolver, unha norte violenta que provoca sospeitas e interrogantes sobre as súas causas, motivacións e consecuencias. Curva España é a historia dunha investigación sobre un suceso do pasado e sobre as súas implicacións no presente. Un suceso real que tivo un impacto directo limitado a unha pequeña comunicade da Galiza interior, pero no que se desvela o xeito no que se vertebrou o estado liberal español durante os séculos XIX e XX, en paralelo á construcción do ferrocarril. A partir da existencia de distintas versións sobre o caso, contaremos a historia da norte do enxeñeiro España artellando unha narración escénica que adopta o formato do documental, bebe do xénero policial e funciona como unha alegoría da construcción do estado nación español coma se fose a promesa dun tren que nunca chegou. Porque España chegou en forma de mito, e o mito fala da súa norte nunha curva afastada. Neste novo cruce de realidade e ficción sobre o escenario o que tratamos de facer é entrar no real, porque o acto teatral sería unha estratexia para entrar na realidade xunto ao público. Por tanto o obxectivo desta peza non é representar o real recreando situacións do pasado, senón facer que a representación en sí mesma sexa real. Unha representación que integra unha narrativa cinematográfica documental construida en directo a partir da mestura de escenas filmadas en tempo real á vista do público e entrevistas gravadas. Unha producción CHÉVERE en coprodución con TEATROS DEL CANAL, CONCELLO DE TEO e MIT RIBADAVIA Intérpretes: Patricia de Lorenzo, Miguel de Lia, Lucía Estévez, Leti Blanco   Duración: 90 min Espectáculo en galego    

Probablemente te interese mucho...
MUMMENSCHANZ (los músicos del silencio) (leer más)
Hara el espíritu de la selva en Sevilla No te pierdas la obra Hara el espíritu de la selva el domingo 31 de marzo de 2019 a p... (leer más)
TEATRO DE LA CIUDAD
Playoff en Vigo VENRES 22 DE FEBREIRO, 21 HORAS Compañía: La Joven Compañía Xénero: teatro contemporáneo Autoría: Marta Bucha... (leer más)
QUIEN TUVO RETUVO
Más de treinta años después de debutar en las calles de Madrid, el dúo es un referent... (leer más)
MADRID MORALZARZAL MARTORELL BILBAO VALL...
Fechas del espectáculo
Octubre
Viernes
Teatro Rosalía de Castro.
18:30 H
A Coruña
mostrar mapa
Calendario de eventos Kmon
Gastronomía
Conferencia de Daniel Habif en MadridEl conferencista Daniel Habif pasará por Madrid en el Teatro Nuevo Apolo el próximo 4 de julio de 2019 a las 20:00 horas.No te pierdas la conferenci... (leer más)
Viajes
© Gestor de contenidos Gestor de contenidos HagaClic





Kmon

Licencia de Creative Commons
Esta obra está bajo una licencia de Reconocimiento-NoComercial-SinObraDerivada 4.0 Internacional de Creative Commons