ENTRADAS GRATIS | Consigue aquí invitaciones para tus conciertos favoritos. Sólo con tu email                  Recibe en tu email las mejores propuestas de los mejores escenarios

ARTES ESCÉNICAS

EL CASTIGO SIN VENGANZA (SÁBADO) (TEATRO ROSALÍA CASTRO)
El castigo sin venganza (sábado) (Teatro Rosalía Castro)
Ciclo Principal: El castigo sin venganza de Lope de Vega Teatro Rosalía Castro 6 de abri de 2019 20.30 h Duración: 100 minutos Entradas: 21,50 / 15,00 / 13,00 / 9,50 (carné xove, + 65 anos, persoas desempregadas: -20%; familias numerosas: -25% (só no despacho de billetes)) Cando Lope quere... Esta tempada abordamos a peza fundamental da traxedia clásica española do Século de Ouro: El castigo sin venganza de Lope de Vega, unha das obras mestras da literatura dramática universal que nos mostra novas facetas en cada relectura, en cada posta en escena, como un diamante que reflicte nas súas arestas un retrato íntimo da sociedade de todas as épocas, cos seus medos, pulsións, contradicións e pantasmas. Esta crepuscular traxedia de honra oculta unha profunda reflexión sobre o poder, a xustiza, a responsabilidade, o amor e o desexo, ambientada no contexto político das cidades-estado enfrontadas na convulsa Italia de finais do quattrocento. Atrapados na tea de araña dun palacio de susurros, espellos e segredos, os personaxes enfróntanse á súa conciencia cunha intensidade descoñecida; a beleza dos versos alíase coa aspereza brutal dos conflitos e cun delicado ritmo case cinematográfico en que as escenas se entrelazan e xustapoñen. De fondo, a fama como eixo dunhas vidas abocadas á mentira vai gobernando unha trama que desemboca nun desenlace sanguento sen esperanza. No prólogo á edición de 1634, o propio Lope cualificaba a súa obra de traxedia escrita ao estilo español, dando fe da singularidade dun texto dramático que, décadas despois, un editor portugués subtitularía Cando Lope quere, quere; todo un indicio do asombro e admiración que provocou ao longo dos séculos para lectores e espectadores. Desoladora, fermosa, maxistral, El castigo sin venganza ofrécenos un espello tráxico da condición humana. Obra mestra da senectude do Fénix, reflexo do seu desencanto pola sociedade e a dor das súas circunstancias persoais e familiares pero, á vez, audaz superación dunha arte destilada e precisa ante a irrupción dos poetas e dramaturgos novos que se van apropiando da primacía escénica, este canto de cisne lopesco mantén hoxe a implacable vixencia da arte da traxedia: unha lúcida viaxe ás sombras de nós mesmos. Helena Pimenta Con: Alejandro Pau, Fernando Trujillo, Joaquín Notario, Lola Baldrich, Nuria Gallardo, Rafa Castejón, Carlos Chamarro, Beatriz Arguello, Javier Collado,  Coro: Anna Maruny, Fernando Trujillo, Alejandro Pau, Íñigo Álvarez de Lara Dirección: Helena Pimenta Compañía: Compañía Nacional de Teatro Clásico   Espectáculo en castelán  

Probablemente te interese mucho...
Fechas del espectáculo
Abril

Sábado
Teatro Rosalía de Castro
18:30 H
A Coruña
mostrar mapa
Calendario de eventos Kmon
Gastronomía
Viajes
Mediante este tour, los visitantes tienen el privilegio de pasear alrededor de las antiguas haciendas de los zares en Moscú. Gracias a las explicaciones de un guía de habla hispana, dur... (leer más)
© Gestor de contenidos Gestor de contenidos HagaClic





Kmon

Licencia de Creative Commons
Esta obra está bajo una licencia de Reconocimiento-NoComercial-SinObraDerivada 4.0 Internacional de Creative Commons