ENTRADAS GRATIS | Consigue aquí invitaciones para tus conciertos favoritos. Sólo con tu email                  Recibe en tu email las mejores propuestas de los mejores escenarios

OTROS

ALQUIMIA | AUDITORIO MUNICIPAL CONCELLO DE VIGO
Alquimia | Auditorio Municipal Concello de Vigo

Alquimia | Auditorio Municipal Concello de Vigo

11 de Novembro, 18 HORAS

Durante milleiros de anos, os alquimistas, nómades con grandes coñecementos nas matemáticas, na física, na química, na astroloxía e incluso no ocultismo, viaxaron cos seus laboratorios ambulantes por todos os lugares do mundo cun obxectivo concreto. Ese obxectivo era atopar a Pedra Filosofal. O soño dos alquimistas era dominar a natureza, o lume, e finalmente o tempo. Os alquimistas crían que a Pedra Filosofal podería concederlles tanto a cura de todas as enfermidades para gozaren da vida eterna como da riqueza, transformando metais en ouro. Cando conseguían estes logros, coñecíase como A Gran Obra.

Nesta nova aventura o Mago Teto, tras varios anos estudando, experimentando e intentando descifrar a estraña simboloxía dos libros sobre alquimia, ponse na pel dos alquimistas perseguindo o seu soño e buscando a Pedra Filosofal; non para conseguir a riqueza e a vida eterna, senón a alquimia que está dirixida ao corazón. A Felicidade!

A felicidade do público e do propio mago e así lograr a súa Gran Obra. Auga, terra, lume e aire farán posible esta nova aventura do Mago Teto.

 

Entradas para Alquimia  | Auditorio Municipal Concello de Vigo o 11 de Novembro

ENTRADAS PMR. (PERSOAS MOVILIDADE REDUCIDA) 

Existen 4 espazos reservados para persoas con mobilidade reducida en cadeiras de rodas e 4 butacas ao seu lado reservadas para os seus acompañantes (de ser o caso). Este tipo de entradas poderán mercarse en canales online e  través da venda telefónica no teléfono 902044226, na billeteira de Elepé ou na do propio Auditorio o día do espectáculo (de non esgotarse na venda anticipada). As entradas PMR non teñen butaca asignada, xa que son espazos reservados para cadeira de rodas. Non se permitirá o acceso con entrada PMR a persoas que non asistan en cadeira de rodas.

Desconto especial para os membros de ESAD, consulta o desconto por teléfono ou en taquilla. 

Idioma: Galego

Duración: 75´

As entradas teñen un prezo de 5 € 

Non quedes sen elas!! 

  

 

 


Probablemente te interese mucho...
Alquimia | Auditorio Municipal Concello de Vigo 11 de Novembro, 18 HORAS Durante milleiros de anos, os alquimistas, nómades c... (leer más)
II Regata de WOPatos (leer más)
Calendario de eventos Kmon
Gastronomía
Viajes
© Gestor de contenidos Gestor de contenidos HagaClic





Kmon

Licencia de Creative Commons
Esta obra está bajo una licencia de Reconocimiento-NoComercial-SinObraDerivada 4.0 Internacional de Creative Commons