ENTRADAS GRATIS | Consigue aquí invitaciones para tus conciertos favoritos. Sólo con tu email                  Recibe en tu email las mejores propuestas de los mejores escenarios

FAMILIAR

PABLO DÍAZ PRESENTA "COAS MIÑAS MANS"
Pablo Díaz presenta "Coas miñas mans"

Concerto de Pablo Díaz "Coas miñas mans" en A Coruña

Non perdas o concierto de Pablo Díaz "Coas miñas mans" o próximo venres 8 de xuño de 2018 a partir das 17:00 horas no Fórum Metropolitano de A Coruña.

Pablo Díaz leva xa 4 traballos discográficos dedicados ao público infantil. Durante os case dez de carreira leva percorridas moitas escolas infantís, de primaria, ademais dos concertos habituais por diferentes localidades galegas. Nesta andaina percatouse da importancia que para as nenas e nenos ten toda a xestualización manual e facial, e por este motivo, partindo das mans como estratexia comunicativa, xorde este traballo.

Empregamos as mans para comunicarnos, para escribir, debuxar, pintar, contar, sentir, etc. É a partir dos 3 anos cando dun xeito máis ou menos consciente, as cativas e cativos empezan a adquirir este tipo de destrezas e habilidades. De aí cancións como: "As mans", "Os números", "As vogais", "Figuriñas de papel", "As cores", "Os 5 sentidos"...Ademais destes temas, trátanse tamén outros máis lúdicos para eles como a primavera, os xogos, as mascotas 

A entrada será gratuíta, mais é necesaria a inscrición en ticketea. Cada persoa poderá retirar até un máximo de 5 entradas, das que deberá cubrir o nome e apelidos de cada unha das persoas que asistirán ao evento. No día do concerto, será necesario achegar a entrada impresa ou en formato electrónico. É especialmente recomendado para nenos e nenas de máis de 3 anos.

 

Entradas para o concerto de Pablo Díaz "Coas miñas mans" no Fórum Metropolitano

Las entradas para o concierto de Pablo Díaz "Coas miñas mans" o próximo venres 8 de xuño de 2018 a partir das 17:00 horas teñen son gratuitas.

¡No te quedes sin entrada!

 


Probablemente te interese mucho...
Calendario de eventos Kmon
Gastronomía
Viajes
Mediante este tour, los visitantes tienen el privilegio de pasear alrededor de las antiguas haciendas de los zares en Moscú. Gracias a las explicaciones de un guía de habla hispana, dur... (leer más)
© Gestor de contenidos Gestor de contenidos HagaClic





Kmon

Licencia de Creative Commons
Esta obra está bajo una licencia de Reconocimiento-NoComercial-SinObraDerivada 4.0 Internacional de Creative Commons