ENTRADAS GRATIS | Consigue aquí invitaciones para tus conciertos favoritos. Sólo con tu email                  Recibe en tu email las mejores propuestas de los mejores escenarios

MÚSICA

 
FESTIVAL DE JAZZ DE VIGO 2018: DA SILVA/DOUGLAS/WEINRIB
Festival de Jazz de Vigo 2018: Da Silva/Douglas/Weinrib

Festival de Jazz de Vigo 2018: Da Silva/Douglas/Weinrib

Non perdas o concerto de Da Silva/Douglas/Weinrib , dentro do Festival de Jazz de Vigo 2018, o martes 3 de xullo de 2018 ás 22:30 horas no Auditorio Municipal do Concello de Vigo.

Virxilio da Silva, compositor e guitarrista, nace en Portonovo en 1984. Ata 2005, formouse integramente en Galicia: cabe destacar a súa etapa de formación jazzística xira no Seminario Permanente de Jazz de Pontevedra (2001-2005) da man de Abe Rábade e Paco Charlín. Forma parte, pois, da primeira promoción de músicos de jazz saídos dese Seminario tan singular, sen parangón en ningunha parte do Estado Español, e que se vén denominando a terceira xeración do jazz na Galiza.

 

Ao longo da súa traxectoria profesional ten tocado, e mesmo nalgúns casos gravado, con músicos de renome a nivel nacional, estatal e internacional.

 

Recibiu o 1º premio na segunda edición dos Premios Galegos da Música Martín Codax (2015) na categoría de Músicas do Mundo con Mónica de Nut polo disco Dos fíos invisibles nacen as cores, e na terceira edición (2016) na categoría de Rock co grupo Foxy Freire. Tamén en 2015 obtén o premio ao mellor solista no Keep an Eye International Jazz Award do Conservatorium van Amsterdam.

 

Lidera a banda JUZZ desde 2016. Combina esta actividade, coliderando outros proxectos com Fuzzo, Loiros e Foxy Freire, e que mostran a variedade estilistica na que Virxilio se sinte especialmente cómodo.

 

 

Entradas para Festival de Jazz de Vigo 2018: Da Silva/Douglas/Weinrib

As entradas para Festival de Jazz de Vigo 2018: Da Silva/Douglas/Weinrib teñen un precio de 8€.

Bulide que se esgotan!

 


Probablemente te interese mucho...
Calendario de eventos Kmon
Viajes
El tour de la Segunda Guerra Mundial, o Gran Guerra Patria como es conocida por los rusos, se presenta como una actividad imprescindible para conocer la historia de este país. La gran p... (leer más)
© Gestor de contenidos Gestor de contenidos HagaClic





Kmon

Licencia de Creative Commons
Esta obra está bajo una licencia de Reconocimiento-NoComercial-SinObraDerivada 4.0 Internacional de Creative Commons